Namórate do teu Comercio é unha campaña organizada pola Federación de Profesionais e Pequenos Empresarios Rías Baixas e subvencionada pola Xunta de Galicia para incentivar o consumo no comercio local, esta campaña difundirase durante o mes de febreiro nos comercios asociados ás distintas asociacións que forman da Federación, na páxina web da Federación así como nas redes sociais e en pantallas situadas en distintas localidades.
A campaña xira sobre o claim: "San Valentín. Namórate do teu comercio" co subtexto: "No Comercio Local traballamos para que sempre atopes o que precisas, produtos locais e de maior calidade preto de ti. Merca local, coida o teu entorno."