A quen vai dirixida?
Pequenas e medianas empresas, incluídas as persoas autónomas que desenvolvan a súa actividade en Galicia. (Excepto determinados sectores)
Que se subvenciona?
Proxectos individuais ou colectivos nos que unha peme ou un conxunto delas aborden medidas de impacto nos factores ASG, especificamente deseñadas ou desenvolvidas para o seu ámbito de actividade.
🔵 1. Auditoría e avaliación de riscos ASG: proxectos de identificación, diagnose e propostas de xestión dos riscos relacionados cos factores ASG.
🔵 2. Consultoría e certificación de empresa B Corp.
🔵 3. Redución do consumo de recursos naturais, materias primas e semielaborados.
🔵 4. Mellora da eficiencia enerxética (sistemas de control e optimización intelixente de consumos, excluído todo o relacionado con fontes, xeradores ou produción enerxética).
🔵 5. Monitoraxe e control de procesos.
🔵 6. Medición, monitoraxe e redución de pegada de carbono e pegada hídrica.
🔵 7. Redución e/ou reutilización de residuos e subprodutos.
🔵 8. Clasificación e/ou valorización de residuos e subprodutos.
🔵 9. Deseño e desenvolvemento de envases e embalaxes ecoeficientes.
🔵 10. Consultoría e certificación de ecodeseño: ISO 14006.
🔵 11. Incorporación de criterios de sustentabilidade nas compras.
🔵 12. Análise de ciclo de vida e implantación de estratexias de deseño sustentable baseadas no principio «berce a berce».
🔵 13. Diversidade e inclusión: elaboración de plans de fomento dun contorno de traballo inclusivo e diverso, promoción da igualdade de oportunidades e da diversidade en todos os niveis da empresa.
🔵 14. Ética laboral: propostas de prácticas laborais xustas e éticas para asegurar condicións de traballo seguras e respectuosas.
🔵 15. Elaboración de programas de investimento na Comunidade: participación en actividades que beneficien ás comunidades locais, programas de educación, saúde ou desenvolvemento comunitario.
Contía das Axudas /Prazo de presentación de solicitudes
Entre o 25% e o 35% do investimento ata un máximo de 60.000€. O proxecto mínimo debe ser de 12.000€. Do 09/05/2024 ao 15/09/2024.
Para + información contacta coa túa Asociación de Empresarios.